martes, 4 de diciembre de 2018

NOVAS REUNIÓNS CON GRUPOS PARLAMENTARIOS


STAJ mantivo no día de onte novas reunións cos grupos políticos no Senado, esta vez co Grupo Socialista e co Grupo Unido Podemos, nas que lles volvemos a trasladar a nosa solicitude de retirada da reforma dos centros de destinos e as limitacións en nomeamentos de reforzo e persoal interino para cubrir ausencias, ademais do resto de reivindicacións que incluímos nas nosas propostas de emenda.

Ambos se comprometeron con STAJ a defender as emendas de forma que se retire a modificación do artigo 521 aprobada polo Congreso.

O Grupo Socialista asegúranos tamén que estudarán as emendas relativas aos nomeamentos de persoal de reforzo e de persoal para as substitucións temporais así como a retirada do desconto en situacións de IT, que a pesar de non propoñelas, se foron presentadas por outros Grupos no Senado (Podemos e Grupo Mixto).


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.