miércoles, 28 de noviembre de 2018

Últimas noticias concurso de traslado


O Ministerio de Xustiza manifestou a STAJ que a adxudicación provisional do concurso de traslados xa está en fase de resolución, polo que, podería publicarse esta semana ou na primeira quincena de decembro.

Lembrámosvos que o prazo de alegacións (10 días hábiles) empezará a contar desde o día seguinte á publicación no Boletín Oficial do Estado, onde se informará do prazo de alegacións e atoparanse a disposición dos interesados os destinos solicitados (Anexo III).

Así mesmo, para realizar as alegacións oportunas hai que facer uso do Anexo IV (modelo de alegacións) que se publicou xunto á convocatoria do concurso no Boletín Oficial do Estado do pasado 23 de xullo de 2018.

Podedes acceder a toda a información actualizada a través do noso BLOG  https://stajgalicia.blogspot.com/


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.