lunes, 26 de noviembre de 2018

Curso de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais dirixido ao persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino nos partidos xudiciais de Santiago, Ferrol, Lugo e Ourense


Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, infórmase de que todo o persoal solicitante dos corpos ao servizo da Administración de xustiza con destino nos partidos xudiciais de Santiago, Ferrol, Lugo e Ourense foi admitido.
Debido á limitación de prazas nas distintas edicións, aquelas persoas que solicitaron ser incluídas nunha concreta edición cuxo tope xa estaba esgotado foron incluídas noutra.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.