jueves, 23 de marzo de 2017

STAJ pide o aumento de plantillas nas Fiscalías de Galicia

Fai pouco mais dun ano que se consolidaron os reforzos que levaban moito tempo a traballar nas Fiscalías de Galicia,cando se crearon esas novas prazas e se cubriron por persoal funcionario titular, nas Fiscalias de toda Galicia, era xa necesario ampliar de novo a súas plantillas, pois os reforzos consolidados xa non eran suficientes para afrontar, de maneira eficiente e rápida, a carga de traballo que soportan estas oficinas fiscais.

É urxente a dotación de máis persoal nas Sección Civís, que son as máis atascadas, e dentro destas as areas de Incapacidades as que máis, pero necesitase tamén persoal para a Sección Penal e para a Fiscalía de Menores, donde o aumento da entrada de asuntos fai imposible levar ó dia os expedientes, e donde os funcionarios se ven sobrepasados pese o seu esforzo diario.

Cremos que este déficit de persoal é de carácter estructural, que se vai a necesitar máis persoal sempre, non só nun momento determinado ou durante un periodo de tempo

Debemos ter en conta que no Decreto que regula o Nova Oficina Fiscal en Galicia, Decreto que foi elaborado por esa Dirección Xeral, se considera como ideal, para un mellor funcionamento das Fiscalías, a ratio de un funcionario/ un fiscal, ratio que en ningunha Fiscalía se cumple e que consideramos na actualidade insuficiente, debendo aumentarse esa ratio polo menos no 20%.

Insistimos no carácter estructural da falta de persoal, e non nos conformamos con que se nombren reforzos durante un periodo de tempo, que tal como se vai regular na nova normativa de interinos non podrían durar máis de tres anos, por iso consideramos que se deben de crear prazas que aumenten a plantilla das Fiscalias.

Lembremos a promesa do Director Xeral de Xustiza cando con motivo da amortización de 106 prazas en determinados Xulgados de Paz, nas Audiencias Provinciais, e noutros órganos xudiciais de Galicia, dixo que esas prazas amortizadas non se perderían e que se crearián outras tantas noutros órganos e oficinas xudiciais  de Galicia, e sobre todo nas Fiscalías.

O chamamento de reforzos non soluciona de xeito definitivo o problema, ainda que  podíamolo aceptalo provisionalmente si o proceso de creación de novas prazas se demorase máis aló da convocatoria do concurso de traslado deste ano, pero unha vez rematado o proceso de creación débense cubrir por funcionarios titulares de xeito definitivo.

Problema particular é o que están a sufrir na fiscalía de Santiago, por contar nada máis que cunha persoa do Corpo de Auxilio, persoa que de ordinario non pode asumir o traballo que se xenera nesa oficina, e que se agrava cando esta persoa colle vacacións e outros permisos e licencias.

Tamén na Coruña, dentro de pouco vaise producir  unha situación difícil de solucionar non sendo co nombramento de máis persoal de Auxilio, refírome en concreto ao traslado diario de expedientes entre a nova ubicacion da Fiscalia Provincial na Fabrica de Tabacos, e a sede dos Xulgados de Instrucción e do Penal, -que aínda que se contratase unha empresa para levar expedientes dun lado a outro-, sempre haberá que ter en conta a extrema urxencia con que se deben trasladar determinados expedientes, como causas con preso, violencia de xénero, etc.

Por todo o anterior, STAJ solicitou da Dirección Xeral de Xustiza que de xeito urxente se aumenten a plantilla da Fiscalía de Pontevedra, a de Vigo e a de A Coruña en 3 funcionarios, a de Santiago, Ferrol e Ourense en dos e a de Lugo nun funcionario , todos do Corpo de Tramitación, por tratarse dun déficit de persoal de carácter estructural, e polo tanto se creen tres prazas do Corpo de Tramitación para que se poidan ofrecer non concurso de traslados deste ano,  e mentras  non se resolve o concurso se cubran por titulares mediante Comision de Servicio ou Substitución

Ademàis para na Fiscalia de Santiago se amplie a sua plantilla nunha praza do Corpo de Auxilio, pois solo conta cunha praza desta natureza, sendo a todas luces insuficiente.

Tamén débese dotar á Fiscalia Provincial de A Coruña de duas persoas máis do Corpo de Auxilio, - a maiores dos tramitadores- para, no seu caso, o traslado de expedientes diario entre a nova sede da Fiscalía e os Xulgados de Instrucción e do Penal.

Sí o tramite pertinente para a creación desas prazas, se alongase mais alo da convocatoria do concurso de traslado, SOLICITAMOS que de xeito provisional se nombren reforzos, ata que se creen esa prazas e se cubran de maneira definitiva por persoal titular.
Ver escrito presentado e sellado