miércoles, 8 de febrero de 2017

Adianto informativo da Mesa Sectorial co Ministerio

Onte houbo unha nova mesa sectorial en Madrid co Ministerio de Xustiza na que fomos convocados os Sindicatos máis representativos a nivel estatal CSIF ,STAJ ,CCOO, UGT e os autonómicos CIG e ELA.

Nésa reunión o Ministerio informounos do seguinte:

- REXISTRO CIVIL: definitivamente manténse no ámbito da Administración de Xustiza, cos Letrados como Encargados e todo o persoal actual. Mantéñense todas as oficinas actuais incluidos os Xulgados de Paz.

- OPOSICIÓNS 2016: a negociación das bases da convocatoria cos Sindicatos comezará en breve. Prevése que para maio ou xuño se publique a convocatoria do ano 2016, si antes da convocatoria se aprobasen os Orzamentos Xerais do Estado e a OPE do 2107, as prazas de esta incluiríanse na convocatoria xunto ca de 2016.

- TOMA DE POSESIÓN OPOSICIÓNS 2015: en relación ós procesos selectivos do ano 2015 o Ministerio ten pensado publicar as adxudicacións de destinos da Promoción Interna  na terceira semana de febreiro, mentras que o Turno Libre publicarase a finais de marzo. Trátase de datas de adjudicción de destinos logo comezará o prazo de toma de posesión.