viernes, 13 de mayo de 2016

Problemas nas certificacións e cobro das gardas

Desde fai uns meses  as certificacións por gardas, tanto de permanencia como de dispoñibilidade, deben enviarse de maneira telemática, aínda que de momento tamén se admiten  as que se mandan por fax. Supoñemos  que  este periodo de transición non durará moito, e que nun futuro próximo tan solo se admitan as certificacións enviadas de maneira telemática.
A aplicación que se utiliza para o traslado deste tipo de certificacións, carece de varias opcións que cremos moi necesarias para cubrir as diversas circunstancias que se poden dar a hora de certificar unha garda, polo que  solicitamos a DXX que se modifique para que sexa posible certificar as supostos que pasamos a describir.
En primeiro lugar, non permite certificar, a unha misma persoa, gardas encadenadas naqueles casos en que por diversas circunstancias imprevistas unha persoa fai dúas gardas seguidas, ben por que sustiué a alguen que está de vacacions ou está de baixa. Esto ocurre moitas veces nos partidos xudiciais que contan con un ou dous xulgados, e o problema principal é a imposibilidade de certificar o martes como garda sainte e como garda entrante a mesma persoa.
Tampouco permite a ferramenta informática a posibilidade de certificar unha mesma garda a dúas ou mais persoas, cando se sustitúe a alguen que comenzou a facer unha garda, ben por unha baixa ou outros motivos, e o periodo dos oito días se completan por persoas distintas.
Reiterar a solicitude que fixemos para que nas nominas de cada mes se pague todo o periodo de garda, colla ese periodo un ou dous meses, como se facia hasta hai pouco, e se termine coa practica de pagar solo os días correspondentes a cada mes, partindo o pago en dúas veces. Tamén  é necesario que na nómina figure o periodo  de garda que se cobra, cousa que se empezou a facer nesta última nómina pero non a todo a mundo.