miércoles, 18 de mayo de 2016

EGAP:xornadas sobre as novas leis de procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público

Hoxe publícase n DOG a RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016 de EGAP pola que se convocan unhas xornadas sobre as novas leis de procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público. Dirixido ao persoal ao servizo das administracións públicas, estatal, autonómica ou local, así como dos seus entes instrumentais, persoal ao servizo da Administración de xustiza, xuristas, profesionais, docentes, universitarios e interesados en xeral.
Lugar: EGAP, salón de actos. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
Datas: 8 e 9 de xuño de 2016. Horario: de mañá. Duración: 10 horas lectivas.
Número de prazas. Limitado pola capacidade do local.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.es/matricula/.
O prazo para inscribirse estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 6 de xuño de 2016, ás 23.00 horas.
Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos: 981 54 62 41/54 62 39.
Ver DOG