miércoles, 13 de abril de 2016

STAJ pide que se ofrezan novas prazas para o concurso de traslado.

O pasado venres día 8 de abril presentamos un escrito na Dirección Xeral de Xustiza para pedir que se amplie a lista de prazas que vai ofrecer no concurso de este ano. O escrito di o que segue:


PRIMEIRO: O pasado día 29 de Marzo facilitoúsenos por esa Dirección Xeral a relación de prazas vacantes en Galicia dos Corpos Xerais da Administración de Xustiza, que se van a remitir o Ministerio para a súa publicación no concurso de traslado correspondente ó ano en curso.

SEGUNDO: Queremos lembrarlle ó Director Xeral que aquel plan de amortización de prazas en moitas Seccións das Audiencias Provinciais e en moitos Xulgados de Paz, entre outros Órganos, e que Staj rechazou de plano, non conlevava a destrucción neta de prazas, senón que as que se amortizaban se creaban no mesmo número nos Servizos de Apoio e en outras oficinas Xudiciais de Galicia.
Esa creación de plazas non se está a facer, amortízanse pero nos se aumentan as plantillas nos Servizos de Apoio e en outros órganos xudiciais que teñen unha carga de traballo moi por riba da media, tampouco se crean novos Órganos que asuman as prazas que se están a destruir.

TERCEIRO: É necesario que se creen novas prazas para titulares naqueles outros organismos ou servicios que están cubertos por funcionarios interinos de reforzo dende fai un montón de anos, esta situación incomprensible e alegal debe rematar.

CUARTO: Tamén consideramos indispensable que se creen as prazas necesarias para ser ofrecidas no concurso a titulares nas catro oficinas de Secretarios/as Coordinadores de Galicia, que levan sete  anos cubertas en prolongación de xornada ou comisión de servicio sin relevación de funcións, por persoal titular elexido a dedo polo Secretario Coordinador correspondente, ou ben por persoal interino.

QUINTO: Cremos importantísimo que se dupliquen as prazas coas que contan os Servizos de Apoio de toda Galicia, e se introduza nos mesmos unha dotación do Corpo de Auxilio, sobre todo en Ferrol e Santiago, localidades nas que non funciona o sistema de quendas.

SOLICITO que salgan a concurso neste ano a siguintes prazas vacantes e se consoliden e se ofrezan os titulares as ocupadas por persoal interino de reforzó durante anos e anos e que tamén relacionamos.

Vacantes:
Instancia nº 5 de Vigo (Familia):1 de Tramitación
Social nº 2 Coruña: 1 de Xestión.
Audiencia Provincial Sección 4ª de A Coruña: 1 de Xestión (xubilación finais de abril)
Mixto nº 1 de O Carballiño: 1 de Auxilio (xubilación en junio)
Reforzos:
Imelga Ferrol: 1 de  Auxilio.
Instrucción nº 2 Ferrol: 1 de Tramitación.
Ribeira nº 1: 1 de Tramitación.
Decanato A Coruña: 2 de Tramitación, e 1 de Auxilio.
TSJ Rexistro e Reparto: 1 de  Xestión e 1 de Auxilio.
Decanato de Ourense: 2 de Auxilio e 1 de Tramitación
Penal nº 2 de Ourense: 1 de Tramitación.
Imelga de Vigo: 1 de Tramitación.
Ver escrito pedindo prazas

Grazas a colaboración e os mails  que nos mandaron os compañeiros/as, imos facer un escrito ampliatorio donde pedimos que consoliden ademais os seguintes reforzos:
Decanato de Cambados: 1 de Tramitación.
Rexistro Civil de Cambados: 1 de Tramitación.
Decanto de Ourense: 1 de Tramitación ( ocupada dende hai moitos anos con persoal do Servizo de Apoio)