viernes, 22 de abril de 2016

Curso de linguaxe administrativa galega e curso de atención á vítima do delito e información ó cidadán

No Diario Oficial de Galicia, do 15 de abril, publicouse a Resolución da Escola Galega de Administración Pública,  pola que se convocan, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cinco cursos de nivel medio de linguaxe administrativa galega (EQUIVALENTE Á LINGUAXE XURÍDICA GALEGA) para persoal ao servizo de distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia. A matrícula finaliza o vindeiro día 25.
DOG
No DOG do 21 de abril publicouse a RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2016 pola que se convoca unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán para xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Enlace á resolución