jueves, 3 de septiembre de 2026

Substitucións entre titulares: novos avisos

Saíu publicada a resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos  para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.

 
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras

Nomeamento membros comisión de valoración concurso específico auxilio xudicial

Hoxe publícase na intranet e na páxina web da Consellería a resolución da dirección xeral de xustiza, pola que se designa a comisión de valoración do concurso específico para a provisión dun posto de traballo do corpo de auxilio xudicial da administración de xustiza.

Ver resolución 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras

COMISIÓN ACCIÓN SOCIAL 2026: Listaxes provisionais

Na Comisión de Acción Social 2026 celebrada no día de hoxe, aprobáronse as listaxes provisionais quedando repartidas da seguinte maneira:

143 solicitudes presentadas, correspondentes a 166 beneficiarios, sendo 20 solicitudes dobres, 123 simples e 1 tripla.

122 concedidas provisionalmente correspondentes a 142 persoas beneficiarias.

19 denegadas provisionalmente correspondentes a 20 persoas beneficiarias.

A intención da DXX e publicar a resolución das listaxes no DOG nos vindeiros días. Cada interesado deberá comprobar a súa inclusión a través da OPAX.

As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras