Propostas de STAJ para a Mesa Sectorial que se celebrará no día de hoxe en Santiago:
En relación coa modificación das RPT, non parece que a intención da Dirección Xeral de Xustiza (DXX) sexa a ampliación dos cadros de persoal, senón abordar unicamente posibles modificacións das relacións de postos de traballo (RPT).
Desde STAJ vimos reiterando en numerosas ocasións a necesidade dunha ampliación real dos cadros de persoal. A realidade é que non sobra persoal en ningnha oficina xudicial; pola contra, cada vez resulta máis necesario incrementar os efectivos para poder afrontar axeitadamente as cargas de traballo que soportamos. Por iso, esiximos que se contemple unha verdadeira ampliación das RPT, coa creación de novas prazas.
En canto á creación de novas prazas xudiciais, desde STAJ solicitamos que se estableza un criterio de dotación de persoal que garanta que por cada nova praza xudicial se creen, como mínimo:
- Dúas prazas de Xestión Procesual e Administrativa.
- Dúas prazas de Tramitación Procesual e Administrativa.
- Unha praza de Auxilio Xudicial.
Así mesmo, solicitamos que por cada nova praza de fiscalía se amplie, polo menos, unha praza de persoal funcionario da Administración de Xustiza.
Por outra banda, botamos en falta calquera referencia á modificación da estrutura dos Tribunais de Instancia, cuestión que STAJ vén reclamando desde a súa implantación. Neste sentido, solicitamos a creación dunha área penal e dunha área civil diferenciadas naquelas localidades nas que existan máis de dúas prazas xudiciais, tamen pedimos que se amplien as areas nas cidades segundo as xurisdiccións, e/ou crear equipos estructurais dentro de cada area,. Vemos necesarioa a división por equipos estructurais dos integrantes do Corpo de Auxilio na Area de Rexistro e Rapartición nos SCX das cidades.
En relación coa implantación do sistema ATENEA, desde STAJ reiteramos a necesidade de que se imparta formación efectiva ao persoal funcionario que aínda a precise, mesmo despois da implantación do sistema.
Esta formación debe ser presencial e realizarse no propio posto de traballo, adaptándose ás necesidades reais de cada funcionario e de cada area e as suás funcións procesuais..
Desde STAJ manifestamos a nosa conformidade coa convocatoria extraordinaria de traxectoria profesional, sen prexuízo de que esta convocatoria non substitúa nin impida a apertura dunha convocatoria ordinaria durante o ano 2027 para o acceso ao 4º grao.
En relación co calendario laboral de 2027, desde STAJ solicitamos que se adopten as seguintes medidas de mellora das condicións laborais do persoal funcionario da Administración de Xustiza en Galicia:
- Ampliación do periodo da xornada de verán: que se estenda desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, ambos os dous incluídos.
- Redución do horario da xornada de verán: que a xornada diaria durante este período se reduza a seis horas, das cales cinco horas teñan carácter fixo e obrigatorio,
- Ampliación do horario reducido: que o horario reducido establecido para as semanas grandes se faga extensivo tamén ao período de Nadal, permitindo así unha mellor conciliación da vida persoal e familiar.
- Recuperación da media hora de cortesía: que se estableza novamente a posibilidade de dispoñer de media hora de cortesía na flexibilidade horaria, tal e como se viña permitindo ata o de agora.
A maiores do anteriormente exposto, desde STAJ entendemos que o calendario laboral debe regular tamén a compensación en dias de libranza, dos excesos de xornada que se producen como consecuencia das gardas de dispoñibilidade duranteos fins de saemana e os festivos. Esta medida resulta especialmente necesaria en determinados partidos xudiciais, como o de Vilagarcía de Arousa, onde as gardas obrigan, case a diario, a prolongar a xornada laboral máis alá do horario habitual. Ademais, practicamente todas as fins de semana o persoal funcionario ten que acudir ás oficinas xudiciais para realizar actuacións derivadas da propia garda.
En relación co acordo sobre actuacións conxuntas das administracoóns públicas nos caso de acoso laboral e sexual , dende STAJ solicitamos que se contemple expresamente a inclusión de maxistrados, fiscais e letrados da Administración de Xustiza nos supostos de activación de protocolos por acoso laboral ou sexual que afecten a persoal de distintas administracións públicas dentro do ámbito da Administración de Xustiza.
En canto a proposta de amplicación do período para gozar vacacións e días de asuntos do 2026, solicitamos que se amplíen e flexibilicen as condicións para o gozo das vacacións e dos días de asuntos particulares, tanto ordinarios como por antigüidade, mediante a adopción das seguintes medidas:
- Ampliación do período de gozo das vacacións: que, con carácter excepcional, se permita desfrutar das vacacións correspondentes ao ano 2026 ata o 31 de marzo de 2027.
- Acumulación de vacacións e asuntos particulares: que se permita xuntar todos os días de vacacións e asuntos particulares, sen limitacións que impidan o seu desfrute conxunto.
- Desfrute dos asuntos particulares por horas: solicitamos que os días de asuntos particulares, tanto ordinarios como por antigüidade (moscosos e canosos), poidan desfrutarse tamén por horas, ao igual que acontece na Administración da Comunidade Autónoma de Cataluña. Este desfrute deberá poder realizarse indistintamente por días completos ou por horas.
En particular, solicitamos información sobre:
- As datas previstas para a implantación da comarcalización e os posibles cambios organizativos.
- As necesidades de persoal e as medidas de reforzo dos cadros de persoal que se contemplan.
- A dotación de medios materiais e informáticos necesaria.
- As condicións nas que se desenvolverá o traballo do persoal funcionario afectado.
- As medidas que se adoptarán para garantir que a nova organización non supoña un incremento inxustificado das cargas de traballo nin un prexuízo para os funcionarios.
E por último e en canto ao teletraballo, queremos reiterar a nosa esixencia de que se impulse de maneira inmediata a regulación do teletraballo na Administración de Xustiza en Galicia. Levamos reclamando esta regulación desde hai tempo e a propia DXX comprometeuse hai practicamente un ano a remitirnos un borrador da normativa para iniciar a súa negociación. Porén, a día de hoxe seguimos sen recibir ese documento.
Desde STAJ insistimos en que non abondan os compromisos nin as declaracións de intencións: necesitamos un calendario de negociación, un texto concreto e avances efectivos para que o teletraballo poida implantarse canto antes sen máis escusas