miércoles, 25 de noviembre de 2026

Agradecemento no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Ao persoal de Xustiza que traballa e traballou en materia de Violencia sobre a Muller en Galicia e aos equipos de  Atención á Vitima e ao Cidadán.

Grazas polo voso traballo diario, feito con rigor, humanidade e cunha dedicación que non sempre se ve, pero que se nota.

Grazas por escoitar, por acompañar e por axudar a que cada muller se sinta protexida nun dos momentos máis difíciles da súa vida. Detrás de cada expediente hai una historia, e vós facedes que sexa tratada con respecto a pesar de que moitas veces a carencia de medios, a descoordinación e a carga brutal de traballo vos poñen o traballo máis difícil e ao limite das vosas posibilidades. 

Sabemos que ese empeño non pode substituir os recursos, e por iso seguiremos loitando para conseguir máis medios para tod@s,  mellores condicións de traballo, e para que se vos recoñeza ese compromiso inalterable coas vítimas desta lacra social, que realizades, en moitas ocasións, a costa de sacrificar a vosa vida persoal e familiar. 

O voso traballo salva vidas e fai de Galicia un lugar máis xusto, mais libre e máis seguro.

Moitas grazas.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras