lunes, 23 de noviembre de 2026

Ampliación vacacións e asuntos ata o 31 de marzo de 2027

A DXX acaba de remitirnos por correo electrónico a modificación e ampliación da resolución sobre o goce das vacacións e permisos por asuntos particulares 2026 do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, que ampla o desfrute de vacacións e asuntos particulares correspondentes ao período 2026, do 31 de xaneiro ata o 31 de marzo de 2027.

O STAJ propuxo e apoio esta modificación en la última mesa sectorial de Xustiza o pasado día 10 de novembro, e hoxe mesmo, reiteramos a urxencia da devandita publicación á Xunta dada a conformidade mostrada polo director xeral en la citada reunión e polas datas en las que estamos. Os compañeiros/as deben de saber canto antes, para organizarse o mellor posible, ata cando se permite o desfrute das súas vacacións e asuntos particulares.

 
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras