Na Comisión de Acción Social 2026 celebrada no día de hoxe, aprobáronse as listaxes definitivas.
Houbo 19 instancias que inicialmente tiveron problemas e foron denegadas provisionalmente, despois das alegacións foron admitidas 17 solicitudes definitivamente, sendo o total de instancias admitidas definitivamente de 141 e 1 solicitude de forma parcial ( correspondentes a 163 persoas beneficiarias) dun total de 143 presentadas.
IMPORTES:
1. Para o tramo 1: 87,29 euros
2. Para o tramo 2: 174,59 euros
3. Para o tramo 3: 349,18 euros
A DXX informaranos da próxima publicación no DOG e do seu abono correspondente. Cada interesado deberá comprobar a súa inclusión a través da OPAX.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras