lunes, 21 de septiembre de 2026

Médicos Forenses: Listaxe provisional de novas persoas admitidas e excluídas

Publícase na intranet e na páxina da consellería a listaxe provisional de novas persoas admitidas e excluídas nas bolsas do corpo de médicos forenses (Orde do 02/09/2024)

Saíu publicada por tanto, a Resolución do 18 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da Administración de xustiza, convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.

Podes consultar a listaxe de persoas admitidas e excluídas pola intranet.

As listaxes poden consultarse tamén a través da OPAX, seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

O prazo para presentar alegacións é de 10 días hábiles. As alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación OPAX.


Ver Resolución

Ver segunda Resolución


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras