No DOG de hoxe publicouse a convovatoria dunha Xornada na EGAP co título "Claves actuais do emprego público no marco da boa administración".
Entre os principais contidos que se van tratar poden adiantarse os seguintes:
• Principio de boa administración, soft law e emprego público.• Novos mecanismos de selección no emprego público: a entrevista condutual estruturada.• A avaliación do desempeño para apoiar unha nova xestión do emprego público en tempos de turbulencia: novos referentes para o seu deseño e despregamento.• As relacións laborais temporais na Administración: impacto da xurisprudencia, baleiros lexislativos e retos pendentes.
A xornada desenvolverase de xeito presencial en Santiago de Compostela o día 19 de xuño e terá unha duración de 4 horas.
A inscrición nesta actividade formativa só se poderá realizar por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras