As organizacións sindicais CSIF, SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO, que representan á maioría do persoal na Administración de Xustiza iniciaron unha rolda de asembleas polas principais cidades galegas para denunciar a situación "improvisada" desta implantación.
Tras os encontros en Ferrol, Lugo, Vigo e onte en A Coruña, o persoal alertou de que os novos Tribunais de Instancia sitúan o servizo público "ao borde do colapso" polas malas condicións laborais.
Entre as deficiencias comúns, os sindicatos salientan a insuficiencia de persoal, a distribución «caótica» dos espazos xudiciais e as limitacións dos sistemas informáticos utilizados na tramitación de procedementos. Sobre a reorganización física, advirten de que está a xerar confusión tanto entre os profesionais como entre a cidadanía, dificultando o seguimento e a localización de expedientes. Os sindicatos insisten na necesidade de abrir de maneira inmediata unha negociación para ampliar as Relacións de Postos de Traballo (RPT), ao considerar que a carga laboral actual resulta inasumible para o persoal existente.
As organizacións sindicais denuncian tamén que as aplicacións informáticas continúan sen adaptarse ás novas prazas nin incorporan as modificacións procesuais derivadas dos cambios lexislativos, o que está a ralentizar a tramitación de asuntos e aumentando os atrasos. A iso suman a supresión de xeito arbitrario do teletraballo, que empeora aínda máis a organización diaria dos xulgados.Segundo explican, esta situación está a provocar un incremento notable do estrés laboral entre os traballadores, atrasos acumulados na resolución dos procedementos e un deterioro xeral da calidade do servizo público.
Ante esta realidade, os sindicatos esixen á Administración a apertura inmediata dunha negociación para ampliar as Relacións de Postos de Traballo (RPT). Advirten tamén de que, se non se toman medidas urxentes para frear este deterioro, a plataforma unitaria iniciará un calendario de mobilizacións en toda Galicia.
Só a unión dos operadores xurídicos e a forza dos traballadores conseguiran os cambios ca xustiza galega necesita.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras