martes, 14 de abril de 2026

Traxectoria profesional graos I, II e III: mañá remata o prazo de solicitudes

Na intranet infórmase que mañá, 15/04/2026, remata o prazo para a presentación de solicitudes da traxectoria profesional, conforme ao previsto na Resolución do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

O persoal solicitante deberá cubrir obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras