Máis de tres meses é
suficiente tempo para saber que en Ourense as cousas non van mellorar a curto
prazo. Non hai luz ao final do túnel e non se dan prazos concretos de melloría.
Non se están tomando decisións claras que alivien a carga de traballo, e condiciónase
a melloría a tempos sen límite ou difusos (cando saia a estadística, cando
veñan os programas, a ver se funciona o modelo, etc…). Esto afecta a Ourense agora pola présa que tiveron en empezar, e xa está afectando e afectará ás demáis localidades.
Os medios seguen sendo os mesmos (agás un puñado de
prolongacións de xornada) e as promesas
céntranse en “cuando llegue Atenea”, “cuando llegue Wasmin” “
cuando llegue la robotozación de monitorios”; que por certo, este último xa
chegou e non ten desperdicio: o sistema pon él solo o Decreto sen comprobar
nada: non conta o prazo dos 20 días dende o requerimento, se non dende a
resolución; a data do Decreto pode ser
un sábado, domingo ou festivo, non engade a Letrada que firma nin onde se
requeriu; é un esqueleto que non se pode
notificar, hai que engadir todos os
datos; non comproba se o demandado
pagou; unha vez que se engade a acontecementos anteriores, xa non o deixa enviar
á firma e hai que eliminalo e facer un novo;
non aparece o procurador/a; se xa hai pago previo, á IA dalle igual,
directamente o sistema pon o Decreto e pista.
A tecnoloxía precisa tempo, dedicación e traballo sobre ela. E isto non se soluciona dun día para outro e imos cara o segundo trimestre do ano a un ritmo elevadísimo de traballo e de carga, así que non hai máis que esperar, nin á estadística nin a nada. A Dirección Xeral de Xustiza ten que actuar xa e poñer os medios inmediatamente e despois xa se verá se funciona ou non.
A STAJ non lle sirve esperar a “probar” a ver se funciona o modelo sen tocar absolutamente nada (só levando a carga de traballo dun lado a outro a ver se esta vez asenta, e non asenta nunca, asfixia ao traballador un pouco máis). O modelo seguirase probando e debe convivir con outro persoal que saque adiante o traballo descomunal que había, hai e seguirá habendo ata que non se tomen medidas.
Tampouco imos permitir a asfixia do persoal mentres se demostran uns a outros que é unha idea estupenda ou nefasta, según o bando no que se atopen. O que sí sabemos é que o persoal está sufrindo, sabe que é complicado e asúmeo, pero ninguén ten que sufrir un deseño mal feito, un reparto absurdo de traballo e moito menos estar no medio de intereses contrapostos na viabilidade do modelo que dificultan o traballo mentres a DXX se senta nunha silla a esperar á estadística ou á chegada de programas que primeiro teñen que chegar e despois precisan unha inversión de tempo que supón unha carga de traballo engadida.
O modelo poderá probarse cando a carga para o persoal sexa asumible, e non amparándose na chegada dos futuros programas ou datos de entrada que non reflexan a pendencia nin a parte cualitativa do trámite (á estadística e ao dato dalle igual que haxa un demandado que vinte; e dalle igual se hai que facer pezas separadas ou cantas hai que facer ou cantos pasos hai que dar para tramitar un determinado asunto, etc….)
Se non se toman medidas inminentes de reforzos que alivien a tensión da carga, dende STAJ reservaremos as accións a realizar.