lunes, 13 de abril de 2026

Baremación provisional concurso específico nas fiscalías de Galicia

Publicouse na intranet de xustiza a RESOLUCIÓN DO 10 DE ABRIL DE 2026, pola que se aproba a listaxe e baremación provisional das persoas admitidas no concurso específico para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo vacantes nas fiscalías de Santiago de Compostela e na Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 18 de febreiro de 2026 (DOG nº 41, do 3.03.2026).

 Resólvese:

 1.- Aprobar a listaxe e baremación provisional das persoas admitidas para cada un dos postos convocados (anexo I).

2. Aprobar e facer públicos os criterios de valoración dos méritos específicos (anexo II)

3.- Acordar a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e na páxina web da consellería.

 4.- As persoas interesadas poderán alegar e xustificar o que consideren conveniente sobre os resultados da valoración dentro dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución e deberán presentar as alegacións na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras