Hoxe, saíu publicada a Resolución
do 21 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se
convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo
entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de
xustiza.
Prazo e modo de presentación das
solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo).
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa
solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do
Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es
de conformidade co artigo 6 da Resolución do 19 de decembro de 2025.
