martes, 2 de diciembre de 2025

Traxectoria Profesional, Comisións de Servizo, Substitucións, Complemento Violencia e Quendas do Rexistro Civil

TRAXECTORIA PROFESIONAL

Na Mesa sectorial celebrada hoxe á DXX non modificou nin vai modificar nada con respecto ao último borrador remitido e da por rematada as “negociacións”.

A normativa da traxectoria xa naceu torcida e a dia de hoxe segue sendo unha norma imperfecta e ríxida porque non admite a posibilidade de que permaneza aberta permanentemente para que o persoal poida ir adheríndose a medida que se vaia cumplindo os requisitos ou polo retraso nas convocatorias, pola discriminación do xestores e médicos forenses ao ter un ano de retraso para acceder ao grao III.

Pero nun  alarde de responsabilidade, a traxectoria ou sale con Acordo Sindical ou todos/as quedamos sen ela, hoxe STAJ comprometeuse a asinar o Acordo por considerar que o beneficio para o colectivo é superior ao perxuizo, sabendo que o texto e moi mellorable, e que dende ese sindicato o intentamos mellorar sin éxito, ao tratarse mais dunha imposición que dunha negociación.

Facemos un  breve resumo do texto. O prazo de presentación de solicitudes abrirase o 2 de marzo de 2026 con 30 días hábiles para pedila.

As porcentaxes abonaranse en tres anualidades:

Grao I e II para todos os corpos e Grao III para auxilio e tramitación: en 2025, o 35% . En 2026, o 70% e en 2027, o 100%

Grao III para corpos de xestión e medicina forense: en 2026, o 35%, en 2027, o 70% e en 2028, o 100%.

O persoal que accedeu  a algún grao da traxectoria profesional no 2024, queda excluido deste proceso.

Requisitos de antigüedade para o acceso Grao I e II: estar en servizo activo na Administración de xustiza, con antigüedade mínima de 5 e 11 anos, respectivamente a data 31.12.2024.

Requisitos de antigüedade para o acceso ao Grao III: estar en servizo activo na Administración de xustiza con unha antigüedade mínima de 17 anos a data 31.12.2024 para os corpos de auxilio e tramitación e a data 31.12.2025 para os corpos de Xestión e Medicina Forense.

As horas de cursos a acreditar: son 40 horas por cada grao. A medida que se sube de grao hai que aportar 40 horas máis de formación.  Sen límite temporal. Despois das negociacións, aceptouse incluir os títulos de Galego como criteiro de avaliación para tódolos graos, incluido o Grao III. Serán valorados os cursos de idiomas sempre que se impartan polos organismos que recollerá a convocatoria.

COMISIÓNS DE SERVIZO

A DXX insiste en conxelar durante un ano a quen esté nunha comisión ou substitución para poder pedir outra e  tamén a quen acabe de incorporarse ao seu destino por concurso de traslados ou novo ingreso, o borrador non permite acceder a unha comisión de servizos ata que transcurra un ano dende a toma de posesión. A pesar de que a DXX alega que os órganos precisan estabilidade de persoal, para STAJ un ano é un tempo excesivo e non coincidimos con esta postura.

A raíz das Sentenzas ditadas polo TSXG por recursos de UGT e CIG, redúcese a posibilidade de pedir comisións de servizo exclusivamente a prazas vacantes: nova creación, prazas desertas ou vacantes do concurso de traslados, específicos ou LD, perda da condición de funcionario/a ou prazas con titular en servizos especiais, e excedencias que non teñan reservas de postos de traballo. O prazo das  solicitudes queren reducilas de 5 días a 3 días, aínda que parece que hoxe se abriron a mellorar ese punto. Tamén se cercena a posibilidade de ofrecer a substitución entre titulares en caso de que non se cubran por comisión de servizos. Un claro retroceso ao punto de partida dunha normativa que baixo o punto de vista de STAJ nunca debeu ser modificada.

SUBSTITUCIÓNS

Esta normativa é a que máis cambios experimenta:

A normativa que se negociou hoxe na mesa sectorial propón que se debe acompañar un informe preceptivo do director funcional. STAJ oponse radicalmente a este requisito, dado que non ten ningún fundamento legal e non está xustificado. Tamén insisten na limitación dun ano no posto (igual que as comisións) para poder acceder a ela, a  ambos puntos STAJ opusoxe e esperamos que se recolla no texto definitivo  esa eliminación.

O modelo proposto é un híbrido entre as preferencias  e verticais e horizontais, dependendo da praza a ofertar. Para prazas diferenciadas con VSM, GA, etc… ou prazas de xefaturas, á DXX propón que a preferencia sexa horizontal, ainda que pedimos que si non se cubren en horizontal, se poidan cubrir subsidiariamente en vertical

Para prazas xerais, queren que priorice a vertical nun primeiro orde de preferencias mixtas segundo as unidades e os centros   de destino dos solicitantes.

Todas as substitucións que actualmente están en vigor, manterán a súa vixencia ata que finalice a mesma polas causas previstas no artigo 15.

COMPLEMENTO DE VSM

STAJ non está dacordo coas cuantías propostas, pedimos a súa revisión a alza, porque  o traballo que se ten que facer en VSM vai en aumento e pola súa penosidade a polas novas función asumidas coa última reforma legal.

A DXX mantén que solo o grupo penal debe cobrar ese complemento, STAJ solicitou que cobren tamén os que tramitan e executan familia, e que levan tamén procesos derivados de expedientes de violencia de xénero, e que en tódalas localidades se aumente aos integrantes do corpo de auxilio, ata chegar ao máximo de funcionarios que a propia DXX señalou unilateralmente, ou se non van a aforrar cartos respecto do que hoxe están a pagar.

QUENDAS REXISTRO CIVIL.

Queren que solo o persoal que ten destino no Rexistro Civil poida facer as quendas, e se fose necesario facelas obrigatorias, no caso de que non houbese voluntarios suficientes, descartando a idea de que as quendas sexan solo voluntarias e se non houbese voluntarios suficientes se poidesen abrir a persoal de fora do Rexsitro Civil

 ROGOS E PREGUNTAS.

.- A resolución coas adxudicacións das prazas da reordenación e a reasignación se publicará para a semana que ven sen fixar día concreto.

.-Pedironlle ao Ministerio que se convoquen en Galicia  para a próxima OPE en Xustiza,  26 prazas de Auxilio e  34 do Corpo de Tramitación, pero desconocen cantas lle van  conceder.

.- Onte aprobouse polo Consello da Xunta o Acordo retributivo dos 225 euros, que se publicará próximamente no DOG e se podería, cobrar no seu primerio tramo, 90 euros, na nómina de xaneiro ou febreiro

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras