miércoles, 5 de noviembre de 2025

Porcentaxes Fase III: STAJ pide que se apliquen criterios racionais

A norma de reorganización que regula a forma en que se vai levar a cabo o acoplamento entre os actuais órganos xudiciais e servizos e os futuros Tribunais de Instancia, establece que se deberá facer a transformación respetando as proporcións dos actuais xulgados nos futuros Servizos comúns do Tribunal de Instancia. A DXX remitiunos o pasado venres as porcentaxes, pero o certo é que hai distintas formas de calcular esas proporción e entendelas.

Tendo en conta que a norma de reorganización prima que os funcionarios e funcionarias que están a desempeñar unha labor na actualidade queden destinados en postos de similar contido na medida do posible, dende STAJ, e visto que a DXX cambiou os criterios de confirmación nos úlimos 3 días,  presentamos escrito pondo de manifesto certos desaxustes ao aplicar as porcentaxes ás RPTs e estructura do tribunal de instancia, os cales poderían ter como consecuencia que persoal que leva unha materia teña que deixar de facelo cando hai prazas suficientes para que puidera continuar coa materia que tiña asignada. Por iso pedimos o seguinte:

- Que o persoal dos xulgados de instrución, en tódalas localidades, se confirme directamente no Servizo común de tramitación penal coa observación Gardas.

- Que o persoal dos xulgados do penal que levan executorias se confirme mentres haxa plazas no Servizo común de execución penal.

- Que nas localidades de Vigo e A Coruña, onde existen equipos estructurais de Familia, infancia e capacidade nos Servizo común de tramitación, se confirme directamente o persoal dos actuais xulgados con competencias en familia ata onde alcance o número de prazas previsto nas RPTs, sen aplicar proporcións. Si debería aplicarse a proporción para familia no Servizo común de execución, no que Familia si que comparte área coas ordes xurisdiccionais civil, mercantil, contencioso e social

- Que se revisen as proporcións de menores na localidade de Ourense.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras