martes, 11 de noviembre de 2025

Cursos linguaxe administrativo EOI: aberto prazo de inscrición segundo cuadrimestre

Segundo o disposto na Resolución do 13 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2025/26, desde o día 10 ata o día 21 de novembro de 2025 estará aberto o prazo de inscrición dos cursos para obter o nivel Celga 2, Celga 3 e Celga 4 e os cursos de Galego administrativo nivel medio e superior (que teñen igual recoñecemento que o galego xurídico nivel medio e superior).

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

A adxudicación das prazas farase por sorteo. O día 25 de novembro o alumnado poderá consultar no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega se foi admitido.

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación entre o 25 de novembro ata o 5 de decembro de 2025.

A falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras