miércoles, 29 de octubre de 2025

Persoal dos xulgados de VSM de Ourense e Santiago: opción ente confirmar en VSM ou GA

No día de hoxe se puxo a disposición do persoal funcionario dos Xulgados de Instrucción N.3 de Santiago de Compostela e Ourense en NOTIFICA un oficio en relación a súa preferencia para a confirmación dentro do proceso de reorganización de efectivos da Fase III.

Este persoal pode optar por confirmarse nun posto identificado na relación de postos de traballo como de Violencia sobre a muller ou nun posto identificado como de gardas. O prazo para manifestar a súa preferencia é de 3 días hábiles.

O escrito manifestando a súa preferencia irá dirixido á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e deberá presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.

Se dentro do prazo establecido non manifestasen a súa preferencia, confirmaranse no posto coa observación de Violencia sobre a muller (VSM) tal e como recolle o plan de reorganización.

Para acceder á notificación de NOTIFICA, podes pulsar neste enlace e identificarte co certificado dixital.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras