miércoles, 22 de octubre de 2025

EGAP: Conferencia "A temporalidade e a estabilización no emprego público: un problema sen resolver”

No DOG de hoxe publícase a resolución do 14 de outubro de 2025 pola que se convoca a conferencia “A temporalidade e a estabilización no emprego público: un problema sen resolver”

Persoas destinatarias: Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; ao persoal empregado público da Administración local galega, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.

Modalidade de impartición: presencial.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Data: venres 31, de outubro de 2025.

Horario: de mañá, das 12.00 ás 14.00 horas.

Duración: 2 horas lectivas.

Número de prazas: Aforo do local.

Inscrición:

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo web https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 28 de outubro de 2025.

Ver DOG 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras