Hoxe convócase o concurso específico para cubrir as xefaturas das sete cidades de Galicia que están incluidas na Fase III.
Prazo de presentación de instancias:
5 días hábiles dende a publicación no DOG e BOE (dende o venres 19 de setembro ata o xoves, 25 de setembro, ambos incluidos).
Presentación de solicitudes e documentación:
As solicitudes deberán presentarse empregando obrigatoriamente o modelo do Anexo III. Modelo de solicitude través da sede electrónica da Xunta mediante o modelo de solicitude xenérica PR004A. A esta solicitude hai que achegar a documentación cos requisitos esixidos e máis cos méritos alegados, que se deberán relacionar no modelo de solicitude Anexo IV desta convocatoria Anexo IV. Méritos alegados
Os méritos específicos, correspondentes á segunda fase do concurso, deberán ser xustificados documentalmente, así como mediante certificados ou calquera outro medio de proba admisible en dereito e serán valorados a data de finalización de instancias.
A antigüedade compróbase de oficio pola Dirección Xeral de Xustiza.
Requisitos de participación:
Poderá participar o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial destinado no municipio onde se deban desempeñar os postos de traballo ofertados.
Ademais, para poder participar, o persoal funcionario deberase atopar en situación de servizo activo ou en excedencia con reserva de posto de traballo.
Non hai tempo mínimo de prestación de servizos para participar no concurso específico
Méritos valorables e xefaturas convocadas por localidade:
1ª fase (máximo 36 puntos). Nesta fase compútase únicamente a antigüidade no corpo (2 puntos por ano traballado, ata un máximo de 24 puntos) e o galego (4 puntos polo Celga 4; 8 polo galego xurídico intermedio e máximo 12 puntos polo galego xurídico superior).
2ª fase (máximo 24 puntos). Nesta fase, a comisión de valoración avaliará aos aspirantes nos méritos que se recollen no anexo IV da convocatoria. A valoración dos méritos específicos que fará a Comisión de Valoración expresará a puntuación obtida coa media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da Comisión de Valoración e, para estes efectos, deberanse desbotar a máxima e a mínima concedidas ou, se for o caso, unha das que aparezan repetidas como tales. As puntuacións outorgadas a cada persoa candidata en cada epígrafe do baremo, así como a valoración final de cada fase e a suma de ambas as fases, deberán reflectirse na acta que se levantará para o efecto.
Este xeito de puntuar, totalemente subxectivo, e apropiado para a puntuacións de exames de desarrollo, non para puntuar méritos, lamentamos que non admitira a proposta de STAJ con baremos de cursos de formación polas horas realizadas e a valoración da experiencia otorgando unnha puntuación por mes, o que outorgaría máis transparencia, e garantizaría a imparcialidade no proceso, e nesa mesma liña solicitaremos que se fagan públicos os criterios de valoración da Comisión de Valoración e as actas de cada reunión.
En caso de empate nas puntuacións, a Comisión de valoración proporá a quen teña maior antigüedade no corpo. Os resultados publicaranse na intranet e haberá un prazo de tres días para alegar sobre os resultados publicados. Unha vez valoradas as alegacións, publicaranse as definitivas.
Nos seguintes cadros detallamos os méritos que computan para cada unha das xefaturas, xunto cos complementos a percibir; as tarefas que deberán realizar as persoas que ocupen as xefaturas así como a puntuación máxima a obter por cada mérito específico aportado:
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras