Publicóuse na intranet a resolución
da DXX pola que se resolve a última convocatoria de provisión
temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución.
A incorporación ao posto de
traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente
resolución e no correspondente acordo de substitución.
Para a formalización desta
incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior
funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á
Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal)
nesa mesma data.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras