A DXX oponse de maneira reiterada ás gardas de 24 horas para os xulgados de instrución de Vigo e A Coruña co argumento de que eses cartos destínaos a creación de novos órganos xudiciás para a C.A.
Pois ben, coa aprobación da Lei Orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia no servizo público de xustiza, xa se permite que a creación de novas prazas xudiciais non vaia acompañada da dotación de funcionarios (ou a súa dotación sexa mínima), deixando esta posibilidade en mans das CC.AA con competencias na materia. Ante esta nova realidade e con motivo da negociación dos tribunais de instancia en Vigo e A Coruña, establécese por parte do Ministerio de Xustiza a dotación dun maxistrado máis para a futura sección de Violencia sobre a Muller e por parte da DXX o único que achega como dotación de persoal funcional é un único funcionario do corpo de tramitación. Como podemos observar xa non se sostén por ningún lado o motivo para opoñerse esgrimido pola DXX (non deixaba doutra banda de ser unha escusa debido a que CC.AA con gardas de 24 horas tamén tiñan xulgados de nova creación que dotar), e por iso entendemos que agora si é o momento de que a administración galega cumpra coas súas obrigacións e proceda a financiar as gardas de 24 horas na parte que lle corresponde.
Por todo iso, desde STAJ reiteramos a petición das gardas de 24 horas (unha petición realiza xa moitas veces, a última no 2023) para os xulgados de instrución de Vigo e A Coruña, debido á desaparición do principal obstáculo empregado pola DXX e atendendo a nova realidade xudicial existiente.
Escrito gardas 24 h (2023)
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras