Parece que imos a ter que seguir esperando para cobrar a suba salarial do 0,5% que nos teñen que pagar a todos os funcionarios de xeito retroactivo con efectos dende o 1 de xaneiro de 2024.
O Ministro de Función Pública manifestou que van pagar ese incremento que aínda nos deben, pero que o momento de pagalo depende das negociacións para sacar adiante os orzamentos. O problema é que non está á vista a aprobación dos orzamentos e incluso algunhas noticias falan de que o goberno plantéxase nin sequera presentalos.
Polo que respecta ao incremento salarial do ano 2025, polo de agora é de cero euros. O goberno tiña previsto iniciar nas pasadas semanas as negociacións cos sindicatos para desconxelar os salarios na función pública a nivel nacional, pero o certo é que esas negociacións non se iniciaron sequera. Esta suba para o ano 2025 debería ter tamén carácter retroactivo para todo o 2025.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras