Dende a Delegación territorial de Vigo nos informan de que as ausencias dun único día por enfermidade ou por acudir ao médico (acudir ao médico un mesmo, non cando se acompaña a un familiar), deberanse informar a través do OPAX, pero non como incidencia horaria, senón a través da pestaña permiso por ausencia do posto de traballo:
- No OPAX prememos "Licencias Permisos Vacacións" na columna da esquerda.
- No desplegable, escollemos "Alta solicitude concesión".
- No desplegable, escollemos "Permisos"
- Na opción "Permiso de tipo" escollemos "Ausencia Posto de Traballo"
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras