O pasado mércores saíron dúas prazas a interinaxe, as cales ao ser vacantes debería cubrirse por medio dunha comisión de servizos. Ante esta situación anómala, tamén desde STAJ nos puxémonos en contacto coa DXX para pedirlle explicacións e coñecer o motivo deste cambio de criterio. Non recibimos contestación ata a mañan de hoxe, que vos deixamos literalmente:
Bo día,
A autorización da cobertura mediante persoal interino das prazas da Audiencia Provincial de Pontevedra sección N.1 e do Xulgado de Primeira Instancia n.1 de Pontevedra, unha vez avaliada a situación concreta das unidades e o motivo da desocupación, débese a razóns de urxencia e de necesidade da cobertura das ditas prazas. Polo tanto, non se van a convocar a comisión de servizos ou a substitución.
Un saúdo,
No refente á praza da audiencia trátase dunha vacante por xubilación xa coñecida pola DXX desde fai meses e a de primeira instancia nº1 un xestor en funcións de letrado, en ambos casos pouca urxencia hai.
Desde este sindicatos estamos a valorar as posibles actuacións a seguir.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras