jueves, 13 de febrero de 2025

EGAP: Formación continua (Idiomas)

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2025 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza e das entidades locais, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Solicitudes e prazos:

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de febreiro de 2025.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.

A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

Durante o prazo de presentación de solicitudes todo o persoal que desexe solicitar algún dos niveis das actividades de lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa impartidas na modalidade de teleformación terá dispoñible unha proba de nivel orientativa.

As persoas que estean interesadas en realizar a proba de nivel deberán acceder á aula virtual da EGAP no enderezo <https://egap.xunta.gal/aulavirtual/> utilizando o mesmo usuario e contrasinal que na zona de matrícula. Neste caso, despois de realizar a proba de nivel poderán matricularse nas actividades formativas que se correspondan co nivel obtido.

A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).

As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para formalizar a renuncia poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

O prazo para presentar o escrito de renuncia iniciarase o día seguinte ao do remate do prazo de matrícula e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras