jueves, 20 de febrero de 2025

Comisións de servizo: novo aviso IMELGA

Está previsto que se publique na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería a convocatoria de postos en comisión de servizos da Administración de Xustiza a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

Postos de traballo ofertados

Os relacionados no Anexo I (Xefe/a de sección área de patoloxía forense), coa indicación da causa da desocupación.

Prazo e modo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo). Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022 modificada pola Resolución do 2 de setembro de 2024 e pola Resolución do 10 de outubro de 2024.

Informe

Para cumprir co previsto no artigo 73 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza, as solicitudes irán acompañadas co informe, preceptivo e non vinculante, da persoa responsable do órgano, servizo ou unidade no que se atope destinado o persoal funcionario solicitante. No caso de que o órgano correspondente non emita informe, deberá acreditar que o solicitou. 
Ademais, para o caso de que o destino da persoa solicitante radique fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, esta deberá presentar, xunto coa solicitude, o informe favorable do Ministerio de Xustiza ou órgano competente da comunidade autónoma respectiva. De non ser posible, deberá presentar acreditación de que efectivamente o solicitou.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras