Por parte do STAJ, comezamos expoñendo a gran problemática que existe polo escaso número de prazas e edicións dos cursos de linguaxe galega media e superior xurídico tanto para xente destinada dentro como fóra de Galicia. Coméntannos que hoxe mesmo van manter unha reunión coa EGAP para tratar este tema, sendo moi optimistas, e estimando que o próximo ano poidan aumentar esta formación.
-Van aumentar nunha edición os cursos cuxa taxa de demanda é superior a 2%.
-Manterán as edicións dos cursos que estean entre 1 e 2% da cociente.
-A intención da DXX é non suprimir ningún curso, mesmo se a taxa é inferior ao 1%, reducindo neste caso o número de edicións.
-Seguiranse dando cursos sobre reformas procesuais.
-Respecto a os cursos do Imelga, expoñen que a taxa de demanda foi moi baixa debido a que a formación era presencial, entendendo que deben ofertala en modo de teleformación ou tele-presenza.
NOVOS CURSOS:
-Reformas lexislativas segundo Real Decreto 6/2023 de medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servizo público de xustiza, función pública, réxime local e mecenado.
-Dereito de Defensa.
-Nova Oficina Xudicial.
Por parte do STAJ volvemos reiterar:
TITORES/AS: -Solicitamos formación adecuada e constante para o persoal interino que nunca traballou ou que cambia de xurisdición. Igualmente, formación para a xente titular que veña en concurso de traslados doutra CC.AA., ou que cambie de xurisdición por motivo do concurso, da adxudicación dunha comisión de servizos e/o substitución entre titulares. Neste punto, preguntamos á DXX pola denegación na actualidade da gran petición de titorías que se fan en relación ás autorizadas ao principio do seu establecemento, contestándonos o director xeral que esta formación mediante prolongación de xornada e nomeamento de titor/a foi regulada para persoal interino que nunca traballou, e non para cambios de xurisdición, podendo estudarse a súa ampliación neste aspecto na próxima mesa correspondente.
-Cursos sobre as aplicacións informáticas de MINERVA, Fidelius, VISOR, Videoconferencias etc.
-Cursos ON-LINE de preparación dos temarios e dos exercicios dirixidos a superar as probas da oposición para a promoción interna e a quenda libre de forma totalmente gratuita. STAJ seguirá insistindo en demandar esta formación de oposicións que se imparte noutros territorios.
-Cursos sobre as reformas procesuais que se vaian producindo en tódolos órdenes xurisdicionais, debendo, cando haxa tempo, impartirse con carácter previo a súa entrada en vigor.
-CURSOS DE IDIOMAS, (inglés, francés, portugués, alemán e lingua de signos), pero específicos para Xustiza, dado que o número de prazas e edicións ofertadas para toda a Administración pública de Galicia é do todo insuficiente.