lunes, 28 de octubre de 2024

Datas examen Celga 2, 3 e 4

Hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 3 de setembro de 2024.


– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

16 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.

17 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

23 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

24 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas serán:

– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10).

– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n).

As probas comezarán ás 9.00 horas, de modo que as persoas admitidas deberán presentarse no centro que lles corresponda con antelación suficiente.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras