Esta
proba de certificación compleméntase coa posta á disposición das persoas
interesadas de contidos en liña en réxime de autoformación, de uso voluntario,
para adquirir os coñecementos, habilidades e actitudes dixitais, e que servirá
de referencia antes de presentarse á proba de certificación
Requisitos:
Ser maiores de 16
anos.
Estar dadas de alta como usuario/a da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal.
O acceso aos contidos pode realizarse en
calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de
teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal
Cada persoa determinará libremente as
actividades formativas en que quere inscribirse e o período durante o cal vai
traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.
O acceso aos contidos das
actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás
probas de certificación reguladas no anexo II nin é tampouco un requisito para
matricularse nelas.
Así mesmo, a
realización total ou parcial do itinerario formativo non dá dereito á
expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix), que se obterá
unicamente pola superación da proba de certificación regulada no anexo II.
Diploma de aproveitamento:
A realización na súa totalidade de calquera dos cursos que conforman este itinerario xerará a posibilidade de realizar un examen final presencial que otorgará o dereito a obter un diploma.
Solicitudes:
Con carácter previo á inscrición
é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico
https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar
unha conta persoal de correo electrónico.
O prazo para a inscrición estará aberto para as dúas (2) edicións a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e irase pechando secuencialmente para cada unha das edicións co obxecto de permitir que as persoas inte resadas que non resulten seleccionadas na primeira edición poidan inscribirse na seguinte convocatoria:
• Edición de outubro: ata o 18 de
setembro, inclusive.
• Edición de novembro: ata o 18
de outubro, inclusive