martes, 24 de septiembre de 2024

EGAP: curso webinario Contratación pública e dereito da competencia

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2024 pola que se convoca o webinario Contratación pública e dereito da competencia.

Desenvolvemento:

Data: venres, 4 de outubro de 2024.

Modo de impartición: telepresencia.

Inscrición:

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible na dirección <https://egap.xunta.gal/matricula>. 

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 30 de setembro de 2024.

Ver Resolución

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras