-Aprobación da Acta da sesión anterior.
-Regulamento Comité de Intervención
-Actividades de prevención realizadas ata o momento.
-Rogos e preguntas.
Tras dar todas as organizacións
sindicais o visto e prace da acta anterior, pasouse a aprobar o Comité de Intervención que formará
parte do Protocolo de Acoso Laboral, por parte do STAJ fíxose fincapé en que debe darse traslado ao Ministerio de
Xustiza cando as condutas discriminatorias veñan dun/ha Letrado/a ou xuiz ou xuiza cara a un/a
funcionario/a da Administración de Xustiza dado que non establece ningún tipo
de responsabilidade ao non vincular ao devandito Ministerio. A Xunta
comprometeuse a que no prazo de dúas semanas convocaríanos a unha mesa de
traballo para poder modificar nalgún sentido a regulación do Comité e empezar
coas alegacións para aprobar o Protocolo de Acoso Sexual que substitúe e cambia
o existente.
CIUDAD
DA XUSTIZA VIGO:
O director xeral comunicounos que o 17
de setembro celebrarase unha xuntanza
entre os
seguintes axentes externos:
Policía Local, Bombeiros e Protección Civil. O
motivo desta reunión é a organización dun simulacro no devandito edificio
xudicial, sen data aínda sinalada. Ademais o día 26 de setembro farase unha xornada de formación de 2 horas de
duración para os integrantes dos grupos
de acción que son parte esencial do simulacro previsto con tarefas máis
específicas que o resto de persoal, que non formará parte desta formación,
porque segundo dinnos, soamente deben de coñecer unhas mínimas pautas como son;
localización das vías de evacuación, saír con orde, non correr, etc. Neste
punto o STAJ solicita poder
acompañar aos axentes externos na reunión, denegándose por parte da Xunta,
alegando que é só para coordinarse entre eles.
GAS
RADON:
Dannos traslado das datas e os edificios nos que os técnicos do Laboratorio de
Radon de Galicia realizarán as visitas para a instalacións dos dispositivos de
medición de Gas Radon.
É MOI
IMPORTANTE que estes detectores permanezan durante un mínimo de tres meses
e non deberán ser cambiados de sitio nin ser manipulados.
O 10 de setembro de 2024:
- Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
- Audiencia Provincial da Coruña. (antiga fabríca de tabacos)
O 11 de setembro de 2024:
- Audiencia Provincial de Pontevedra
- Edificio Xudicial de Marín
O 12 de setembro de 2024:
- Audiencia Provincial de Lugo
- Edificio Xudicial de Ribadavia (Ourense)
O 13 de setembro de 2024:
- Audiencia Provincial de Ourense.
O 16 de setembro de 2024:
- Edificio Xudicial de Noia
Noutra orde de temas, infórmannos que proximamente serán instalados os arcos de seguridade nos edificios xudiciais de Ordes, Betanzos, Carballiño e Sarria. Respecto a os desfibriladores das vilas, a intención é comezar polos partidos xudiciais de 4 xulgados e a continuación polos de 3.
Respecto
ás peticións de STAJ:
-STAJ
solicita a recolocación dos extintores
da segunda planta do edificio xudicial do TSX na Coruña dada a súa
localización excesivamente alta, e que incumpre a normativa establecida, como
se puxo de manifesto no escrito presentado por este sindicato o día 25 de xuño,
dándonos totalmente a razón e toman nota para a súa corrección.
-Respecto ao edificio xudicial de Caldas de Rei, no que STAJ presentou denuncia ante a
inspección de traballo e igualmente queixa ante a dirección xeral de xustiza
pola realización de obras consistentes na pulición e tratamento do chan, e que se
realizaron sen ter en conta os dereitos e a saúde dos/as traballadores/as que prestan alí
os seus servizos, pedimos unha explicación e advertimos de que se vulneraron tódalas normas de prevencion de riscos e se puxo en grave perigo a saúde dos traballaodore e dos cidadáns de xeito irresponsable. Neste punto escúsanse dicindo que foron obras realizadas
no mes de agosto, que o xefe de obra advertiu da súa execución e que o único
que se incumpriu é que levaronse a cabo en horario de mañá, debido a que o
problema era máis grave do que a priori se supoñia.
-Medición
de CO2 no edificio xudicial de Santiago de Compostela: Poñemos de manifesto
que se está incumprindo a normativa vixente segundo o informe de avaliación de
riscos que remitiu a empresa Cualtis, afectando estes niveis á saúde dalgúns
traballadores/as. O xefe de prevención non tiña constancia diso, estudarano.
-STAJ
pregunta ao director xeral sobre a volta do TELETRABALLO, contestándonos que será cando o Ministerio de Xustiza
aprobe a norma definitiva que o regula e déase traslado ás CC.AA. para a súa
adaptación.
-Por último, solicitamos unha vez máis que as reunións do Comité de Seguridade e Saúde Laboral deben convocarse presencialmente e non por videoconferencia, debido ás malas condicións de son e imaxe que en ocasións prodúcense vía internet.