Publícase no DOG a ORDE do 2 de
xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas
para a conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de
traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade,
cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e
se convocan para o ano 2024 (código de procedemento SI440A)
Esta orde ten por obxecto
establecer as bases reguladoras e a convocatoria das axudas á conciliación da
vida familiar e laboral do ano 2024 coa finalidade de fomentar a asunción,
especialmente por parte dos homes, dos dereitos asociados coa
corresponsabilidade e coidados. Serán subvencionables as situacións de redución
de xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas, no período
comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024, ambos os dous
incluídos.
Poderán ser beneficiarias das axudas
previstas nesta convocatoria as persoas físicas que no período comprendido
entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024, ambos os dous incluídos,
se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla
menor de tres (3) anos, ou menor de doce (12) anos no suposto de que padeza
unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
A redución de xornada terá que
ser de, polo menos, o 12,5 % da xornada.
Así mesmo, poderán acollerse a
esta axuda as persoas traballadoras que, cumprindo os requisitos establecidos
neste artigo, adopten unha persoa menor ou a teñan en situación de acollemento
familiar, en calquera das súas modalidades
As axudas concederanse por orde
de puntuación segundo os criterios e as pautas de valoración previstos no
artigo 15 desta orde, ata esgotar o crédito disponible.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. a partires de mañán no seguinte enlace.