martes, 23 de julio de 2024

EGAP: Curso superior de Administración electrónica

O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.
 
No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local e da Administración de xustiza.

Datas: o curso desenvolverase desde o 17 de setembro ata o 29 de outubro de 2024.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: mixta.

Duración: 114 horas lectivas, 30 horas de clases prácticas presenciais e 84 de teleformación.

As clases prácticas presenciais desenvolveranse os días 17 e 24 de setembro; 1, 8 e 15 de outubro de 2024.

Horario das clases presenciais: das 11.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas.

A proba final en liña será o último día do curso, 24 de outubro, a través da aula virtual da EGAP: (https://egap.xunta.gal/aulavirtual/).

Inscrición

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 4 de setembro de 2024.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras