jueves, 6 de junio de 2024

Fiscalía de Área de Vigo. Vacante concurso específico

Hoxe publícase no DOG e no BOE a RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía de Área de Vigo.

Poderá participar o persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo de xestión procesual e administrativa, calquera que sexa o ámbito territorial en que estea destinado, que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que termine o prazo de presentación das solicitudes de participación e os manteña ata a resolución definitiva do concurso.

Non poderá participar neste concurso o persoal funcionario que se atope na situación de excedencia voluntaria por interese particular, durante o período mínimo obrigatorio de permanencia na dita situación; ou o suspenso en firme, mentres dure a suspensión; nin o que se encontre sancionado con traslado forzoso para destino na mesma localidade en que se lle impuxo a sanción, ata que transcorran un ou tres anos, segundo se trate de falta grave ou moi grave, respectivamente.

O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boe.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.

Ver doga

Ver Boe 





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras