miércoles, 26 de junio de 2024

cursos de linguaxe administrativa galego e para os certificados de lingua galega: Celga

Hoxe publícase no DOG a resolución do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galego e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Disposicións xerais

1. As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cumprimentar o formulario de inscrición telemática na ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega. O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no apartado quinto desta resolución.
 
2. O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte: 

– Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre; 
– Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre. 

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.
 
3. Unha vez finalizado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos apartados sétimo (para os cursos de preparación á obtención dos Celga) e decimoprimero (para os cursos de LAG) da presente resolución. 

4. O prazo para a presentación desta documentación será o seguinte:

 – Ata o 19 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre;
 – Ata o 29 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre. 

5. A documentación presentarase de forma telemática desde a ligazón www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada. 

6. A falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispoñer da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da lista de espera.

Ver resolución



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras