miércoles, 5 de junio de 2024

Acción Social: Convocatoria e criterios de repartición

No DOG de hoxe vense a publicar a RESOLUCIÓN do 16 de Maio do 2024 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2024 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes:  Quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Data final 26 de Xuño de 2024.

Solicitude e formas de presentación: solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX, co seu certificado dixital ou co usuario e contrasinal. 


Beneficiarios:
a) Os/as solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nos puntos anteriores.
b) Os/as solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 %.
No caso de que a persoa beneficiaria teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha.
   

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras