jueves, 30 de mayo de 2024

Prazas a ofertar Corpo de Xestión Turno libre novo ingreso

No día de hoxe, a DXX convocou a STAJ e demais organizacións sindicais a  unha mesa de traballo co fin de tratar a situación problemática das prazas a ofertar dos aprobados da oposición Turno libre de Xestión 2022, e que según xa informamos o pasado día 24/05/2024  teñen a intención de que tomen posesión despois do verán.

A situación problemática ven determinada porque, polos datos que manexabamos no sindicato pensamos necesario unha explicación por parte da DXX, e así foi, co envío de diferentes correos electrónicos onde se lle pedía explicacións e o traslado da relación de prazas que se ían a ofertar, sendo a súa contestación baixa en contido, e mais ben, daba a impresión de que o tema non era con eles. Agora a administración convoca aos sindicatos, e é agora, que precisan axuda, non tiveron mais remedio que admitir un rumor que circulaba dende hai moito tempo, e é que non hai prazas suficientes para aloxar os aprobados de Xestión na súa praza definitiva.

A información que recibimos é que: na convocatoria ofertáronse 90 prazas, das cales dinnos que 72 prazas son desertas e das cales informamos abaixo e haberá 18 persoas que terán que adscribirse provisionalmente coa obriga de participar no concurso de traslado seguinte en condicións de plena igualdade tal e como se establece no articulo. 28 do Reglamento de ingreso, provisión de postos de traballo (RD 1451/2005 do 7 de decembro).

Oferta Plazas-desiertas novo ingreso xestión



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras