viernes, 24 de mayo de 2024

Mesa sectorial de xustiza: información e apuntes de interese

Onte, logo de rematar a reunión do Comité de Seguridade e Saúde, tivo lugar a mesa sectorial de xustiza cunha finalidade meramente informativa,  na que se trataron os seguintes temas. 

1. Órganos de nova creación: a petición de creación de 15 órganos que se remitiu pola DXX leva a seguinte prelación: 

1: Xulgado de Violencia sobre a Muller de Santiago
2: Xulgado de Primeira Instancia de Ourense
3; Maxistrado con competencia civil sección cuarta a Audiencia Provincial de A Coruña
4: Xulgado de Primeira Instancia e instrución en Viveiro
5: Maxistrado con competencia penal na Audiencia Provincial de Pontevedra
6: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Vilagarcía
7: Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago 
8: Xulgado de Primeira Instancia en Vigo
9: Maxistrado da Sala do Social do TSX
10: Xulgado de primeira instancia en Pontevedra
11: Xulgado de primeira instancia e instrución de Ribeira
12: Xulgado de primeira instancia e instrución en Carballo
13: Xulgado de primeira instancia de A Coruña
14: Xulgado do Penal en Ourense
15: Xulgado do Social en Ferrol. 

Veremos finalmente cales saen adiante, a pesares de ser tan necesarios todos.

2. Acordo da comisión mixta: calquera órgano onde xuíces ou maxistrados non estén usando o portasinaturas, sendo obrigatorio dende o mes de xaneiro de 2024, será obrigado a facelo sen máis demora.

3. Actualización da regulación sobre permisos, vacacións e licenzas: nun prazo de dúas semanas faremos alegacións para tratalas en reunións posteriores coa DXX. O novo permiso parental de 8 semanas por ter un fillo menor de 8 anos, pode pedirse pero aínda non é retribuido ata que se transpoña a directiva pertinente e veña regulado a nivel estatal.


Neste punto informósoulle novamente á DXX (STAJ xa o fixera con carácter previo) que a OPAX estaba dando problemas para concatenar os días soltos de vacacións cos días de asuntos propios. Dixeron que estaban intentando solucionalo e que a fichaxe ata as 20.00 horas xa estaba solucionada dende hai uns días.

4. Proposta de nova regulación das bolsas de persoal interino

A DXX informounos da dificultade que supón para eles poder facer unha cobertura de interinos conforme están as bolsas, con moitos problemas cos baremados, e con unha ineficacia que non se da salvado coa actual configuración. A espera das alegacións que fagamos polo miúdo, STAJ xa adiantou que non estaba dacordo coa eliminación do control dos sindicatos e das comisións de seguemento de interinos das delegacións provinciais. Asemesmo, opoñémonos á eliminación do cómputo dos cursos de formación de contido xurídico ou informático. Por último, é unha liña vermella para STAJ a proposta de enviar 6 meses ao final dunha lista (sen número máximo de integrantes) ás persoas que cesan despois dun ano de traballo. 

A DXX xa nos adiantou que está disposta a negociar e a mellorar o texto. Faremos unha reunión despois de remitir as alegacións en dúas semanas. 

6. Rogos e preguntas: 

- Teletraballo: o día 28 de maio teñen un grupo de traballo as CCAA, a mesa interesectorial onde probablemente poida sair algo aprobado ou unha recomendación, se non hai acordo, está sinalada para o 20-21 de xuño.

Empezan coa segunda fase de instalación dos portátiles, pasarannos un documento cos órganos aos que lles afecta, pero non teñen unha data límite para o remate do seu reparto.

- Plan de choque nos Xulgados exclusivos de Violencia de Xénero: van crear unha praza nova no Xulgado de Violencia de Vigo e outra no Xulgado de Violencia de A Coruña, coa intención de que o Xulgado de Garda se faga cargo dos atestados a partires das 13.00 horas, pendente esta decisión todavía do informe favorable do TSX. 

- Concurso de traslados 2024: preguntado pola vindeira convocatoria do concurso, a DXX comentounos que polo visto se está valorando por parte do Ministerio a posibilidade de cambiar a modalidade por un concurso aberto e permanente, que permitiría acceder por concurso a prazas que fosen quedando vacantes con certa fluidez. Dende STAJ falar nunha mesma frase concurso e fluidez resúltanos algo de ciencia-ficción. Por suposto, estaremos atentos ao que vaia sabendo sobre este tema de gran interese para todos. Coméntasenos que non é certo que o concurso de traslados non se convoque este ano, puidendo afectar a ausenza de orzamentos únicamente na OEP. 

- Prazas para os aprobados de CXPA: teñen intención de que tomen posesión despois do verán. Xa nos adiantaron que non hai prazas suficientes, que haberá 18 que terán que ser en adscripción e, polo tanto, a obriga desta xente de concursar no concurso seguinte. O xoves da semana que vén, darannos traslado das opcións de prazas que poden quedar vacantes para ofrecer aos aprobados.

- En canto ao Grao III da Traxectoria Profesional, non hai de momento data de previsión da súa apertura, quedando aínda pendente que nos trasladen en qué nómina van a abonar o Grao I e o Grao II recén solicitados. 

- Acción Social 2024. Non está previsto que se aumenten as cantidades a percibir por cada persoa, estando conxeladas dende o ano 2012. 

- Polo que respeta ao funcionamento dos Rexistros Civís, infórmasenos de que están a traballar para que a formación procedente do Ministerio en canto ao Dicireg sexa máis eficiente e asegurános de que todos os libros do Rexistro Civil serán dixitalizados. 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras