jueves, 30 de mayo de 2024

EGAP: Webinario El incremento excepcional de los costes de ejecución de los contratos

No DOG de hoxe publícase a Resolución do 23 de maio de 2024 pola que se convoca o webinario El incremento excepcional de los costes de ejecución de los contratos.

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Desenvolvemento:

Data: mércores 12 de xuño de 2024.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.

Duración: 2 horas lectivas.

O funcionamento básico da plataforma de telepresenza require que cada alumno/a dispoña dos seguintes compoñentes:

1. Computador de escritorio, portátil ou smartphone.

2. Conexión estable á internet.

3. Navegador web Google Chrome ou Mozilla Firefox nas últimas versións.

4. Altofalantes (se o monitor ou equipamento non dispón deles).

Número de prazas: Cen (100).

Inscrición:

1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. As persoas interesadas deberán seleccionar primeira a área en que está integrada esta actividade (Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e despois seleccionar en nome do curso: webinario El incremento excepcional de los costes de ejecución de los contratos.

3. O prazo para inscribirse estará aberto desde as 9.00 horas do primer día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 7 de xuño de 2024.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras