martes, 28 de mayo de 2024

Aula presencial e autocapacitación (órganos xudiciais Vigo)

Está dispoñible a actividade presencial “Reforzo salas dixitais”, destinada ao corpo de auxilio xudicial dos órganos xudiciais de Vigo.

Ademais dos contidos de autocapacitación, actualmente hai programadas varias sesións presenciais, os días 24/05, 31/05, 07/06 e 14/06 en Vigo, co obxectivo de reforzar o coñecemento sobre as aplicacións que se empregan para a celebración de actos en salas de vistas.

O xeito de inscribirte nas sesións presenciais é moi sinxelo, só terás que facer o seguinte:

  • 1
    Accedes á actividade da plataforma de capacitación premendo aquí. Se non tes a sesión iniciada, pedirate que accedas co teu usuario Xunta ou correo electrónico corportaivo e o contrasinal.
  • 2
    Premes no botón "Matricularme".
  • 3
    Unha vez realizado o acceso, no apartado "Formulario de inscrición", premes sobre "Ver opcións dispoñibles".
  • 4
    Abrirase unha páxina coa información coas datas, horarios e localizacións das sesións dispoñibles. Elixes a que máis che conveña e premes "Reservar agora".
  • 5
    ¡Xa tes reservada a túa praza! Próximamente recibirás un aviso por correo.

Contidos

Se o precisas, tamén podes consultar e descargar o material cos contidos da dita actividade no apartado "Contido" que atoparás despois de matricularte na actividade da plataforma.

Enlace Intranet

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras