Hoxe publícase no DOG
a RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola
que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano
2024 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.
Primeira.
Obxecto
Prestación
da vixilancia da saúde ao persoal empregado público en función dos riscos
inherentes ao traballo, segundo o disposto no artigo 22 da Lei 31/1995, do 8 de
novembro, de prevención de riscos laborais.
Segunda.
Ámbito de aplicación
É
aplicable a todos/as os/as traballadores/as da Administración xeral da Xunta de
Galicia, agás o persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería
de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; ao persoal dos
centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e
fundacións.
Terceira.
Inscrición
A
inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de
recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do empregado público da
Xunta de Galicia) ou do Opax (Oficina Virtual do Persoal da Administración de
Xustiza).
A
inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta
dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude.
Toda
inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá presentar o
día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
O
prazo de inscrición rematará transcorridos 4 meses contados a partir do día
seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás para o persoal de nova
incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia
prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude
estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida
xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.