Grazas ás continuas peticións
formuladas polo sindicato STAJ para que se abrise de novo a traxectoria profesional, este ano vaise a proceder á
apertura extraordinaria dos graos I e II da traxectoria profesional para as
persoas que estaban destinadas fóra de Galicia, e tamén para aquelas que por
falta de soamente uns meses quedaron sen poder cumprir os requisitos necesarios
para solicitar estes graos.
-Efectos
económicos: Dende 1 de abril de 2024 e do 1 de xaneiro dosa restantes anos.
-Data
requisitos necesarios: 31/03/24.
-Prazo
solicitudes: 30 días hábiles no lugar de 15.
-Grao
I:
40 horas de cursos de formación continua+5 anos de servizos prestados a 31/03/2024.
-Grao II: Ter recoñecido o grao I+40 horas cursos de formación continua+11 anos de servizos prestados a 31/03/2024.
- En 2024
o 33 %
- En 2025
o 66 %
- En 2026
o 100 %
Cadro coas contías por corpo e grao
CORPO | COMPLEMENTO TRAXECTORIA PROFESIONAL POR GRAO |
Auxilio Xudicial | 87,66 ao mes por grao completo |
Tramitación P.A. | 103,29 ao mes por grao completo |
Gestión P.A. | 160,126 ao mes por grao completo |
Médicos Forenses | 228,85 ao mes por grao completo |
O persoal interino percibirá o
complemento da traxectoria profesional ata o momento do cese. De ser nomeado de
novo persoal interino nesta administración, seguirá a cobrar o grao ou graos
que tivera recoñecidos.